opulencia
opulencia
(
-
s
f
Calidade de opulento.
-
s
f
[ECON]
Expresión empregada por John K. Galbraith para referirse á sociedade industrializada avanzada, que se caracteriza por unha abundancia real ou potencial de bens, principalmente de consumo, como consecuencia da revolución tecnolóxica e da situación monopolística do sistema capitalista. A sociedade opulenta ten como obxectivo a equidistribución da renda cunha masiva participación da poboación no sistema, baseada no crecemento da produtividade. A pesar disto, a evolución do sistema capitalista puxo de manifesto a persistencia ou xeración de zonas subdesenvolvidas ou pobres conxuntamente coas desenvolvidas como consecuencia do seu propio proceso de expansión.