oración
(< lat oratiōne)
-
[RELIX]
-
s
f
Pregaria ou súplica feita á divindade. Nas culturas primitivas predominaba a petición, reforzada a miúdo por un valor contractual sen exclusión doutras formas desinteresadas, como a adoración ou a acción de grazas. A oración cristiá, baseada na Biblia e na liturxia, caracterízase polo feito de ser unha resposta á palabra de Deus, e comprende a oración verbal e litúrxica, a privada e a mental, a contemplativa e a mística. As tradicións oriental e occidental estableceron diversas xerarquías da oración. A tradición ortodoxa, centrada no movemento contemplativo culmina no hesicasmo, movemento centrado na pregaria de corazón. En Occidente, a tradición máis antiga desenvolveuse a partir do espírito contemplativo monástico, e evolucionou coa Devotio Moderna (s XIV) e os grandes místicos do s XVI. Distinguíronse entón os aspectos psicolóxicos da oración que se desenvolve na mente e que adoita comezar por unha multiplicación de actos da intelixencia ou da imaxinación, polo que se tomou o nome de oración discursiva ou meditación. Unha vez que cesa a actividade intelectual, e deixa paso aos afectos do corazón, comeza propiamente a contemplación.
-
s
f
Forma litúrxica pronunciada polo sacerdote no nome da asemblea e que acaba cunha cláusula que reclama o amén de todos. A misa inclúe a colecta, chamada tamén oración ou oración do día, a secreta e a poscomuñón.
-
s
f pl
Fórmula de pregaria elemental que adoita atoparse ao comezo do catecismo.
-
s
f pl
catecismo.
-
oración dominical
nosopai.
-
oración dos fieis
Pregaria por todas as necesidades da Igrexa e do mundo feita no curso da celebración litúrxica. As ‘oracións solemnes’ unicamente se pronunciaban nas ladaíñas dos santos e no Venres Santo, ata que, no Concilio Vaticano II (1962-1965), se estableceron para todas as misas.
-
oración sobre as ofrendas
Oración que pronuncia o celebrante despois do ofertorio, no rito romano, inmediatamente antes do prefacio. Representa a única oración primitiva do ofertorio, chamada oratio super oblata, que foi escrita para ser cantada ou pronunciada en voz alta, variable, se ben posteriormente se recitou en voz baixa.
-
s
f
-
s
f
[LIT]
Discurso pronunciado en público. Na Antigüidade clásica, o carácter e a composición do discurso foron sistematizados dunha maneira definitiva. Desde Hermágores de Temnos ata os últimos representantes da nova sofística ou do neoplatonismo, foi trazada e mantida unha preceptiva (atendendo ao contido e ao obxecto da oración) segundo a que todo discurso debía conter cinco partes: a εὑρεσις ou invención, a τάξις ou disposición ordenada, a λέξις, ou alocución, a μνήμη, ou recompilación, e finalmente a ὑπὁκρισις, ou pronunciamento. Os diversos tipos de oración (tres, segundo Aristóteles: a das asembleas ou deliberativa, a dos tribunais ou xudicial, e a do aparato ou demostrativa) mantiveron e seguiron este esquema. Cicerón dividiu a oración en seis partes, tal e como expuxo en Partitiones oratoriae, e Quintiliano mantívoas e aínda incluíu outras, que tratou en De institutione oratoria e De causis corruptae eloquentiae.
-
[LING]
-
s
f
simple
Unidade mínima de comunicación completa, autónoma sintacticamente, que relaciona e concerta un suxeito cun predicado. É o elemento básico da linguaxe, a unidade sintáctica de máis alto nivel. Outras gramáticas chámana tamén frase, proposición ou nexo. Toda oración debe contar cun verbo, que ordena e condiciona a súa estrutura interna. A oración pode ser
-
partes da oración
Segundo a gramática tradicional, refírese ás clases xerais de voces as que, dunha banda, intentan expresar os conceptos das realidades, e doutra, manifestan a función destas diversas voces dentro da oración. Son o substantivo, o adxectivo, o pronome, o artigo, o verbo, o adverbio, a preposición e a conxunción. Algúns gramáticos tamén lles chaman categorías gramaticais.
-
s
f
simple
Refráns
- Non coides que, por rezar, te has de salvar.
- O que reza o rosario non. é mellor cristiano.
- Quen con Deus queira falar, o corazón ten que abrir e os beizos ten que pechar.
- Quen moito reza, dalgo se teme.
- Tanto vale o responso cantado coma o rezado.
- ¡Deus nos dea pan e paciencia e morte con penitencia!
- ¡Deus nos libre e garde dos que non nos sabemos librar nin gardar!
- ¡Deus nos teña da súa man e nos saque do inverno e nos meta no verán!
- ¡Deus perdoe aos defuntos e con saúde os enterremos!