oral

oral

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á boca.

  2. adx

    Que se expresa falando e non escribindo.

    Ex: O exame de onte foi oral.

  3. adx [LING]

    Aplícase ao fonema que se realiza sen participación de resonancias nasais cando estas son un trazo fonoloxicamente relevante nunha lingua ou nunha parella de fonemas.

  4. estadio/fase oral [PSIC]

    Primeiro estadio da evolución da libido, segundo S. Freud e a psicanálise, que comprende o primeiro ano de vida do infante. Os impulsos libidinosos estrutúranse baixo a primacía da boca, os órganos dixestivos, a linguaxe e a respiración. Co nacemento dos dentes aparece unha dimensión sádica.