Oran
Oran
Capital da wilāya de Oran, Alxeria, situada ao O do país (655.852 h [1998]). Foi fundada a comezos do s X e incorporouse aos imperios almohade e almorábide. Ata o s XIV foi un centro importante de intercambios entre o mundo cristián mediterráneo e as rutas centroafricanas. En 1509 Fernando II de Aragón apoderouse da cidade e incorporouna ao seu reino. Así permaneceu ata 1708, que caeu en poder dos turcos. Posteriormente, Filipe V reconquistouna e uniuna á Coroa de España ata que se separou, conquistada polos marroquís, en 1792. En 1831 converteuse en posesión francesa, baixo o reinado de Carlos X pero foi abandonada tras a Guerra de Independencia de Alxeria.