Oranjestad
Oranjestad
Capital de Aruba, Países Baixos, e a única poboación importante da illa (21.000 h [1996]). Formouse ao redor dunha fortificación construída polos holandeses para defender a costa das incursións británicas e españolas. Ten refinaría de petróleo.