oranxismo

oranxismo

(< topónimo Orange)

  1. s m [HIST/POLÍT]

    Movemento dos partidarios de Guillerme III de Orange-Nassau como rei de Inglaterra, fronte ao seu sogro Xaime II de Inglaterra, na época da Revolución Gloriosa (1688-1699).

  2. s m [HIST/POLÍT]

    Partido dos protestantes ingleses, en Irlanda do Norte.

  3. s m [HIST/POLÍT]

    Partido belga partidario do principado de Orange.

Palabras veciñas

orante | Orantes Corral, Manuel | oranxino -na | oranxismo | oranxista | oraon | orar