oraon

oraon
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo oraon ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo oraon.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo dravídico que habita no altiplano de Chotanāgpur (India). Como medio de subsistencia practican a agricultura dun xeito primitivo, con cultivos de arroz e millo. A estrutura social baséase no clan totémico e practican o matrimonio exogámico e normalmente monogámico.

  4. s m [LING]

    Lingua do phylum drávida que fala o pobo oraon. Recibiu a influencia das linguas munda e, sobre todo, do indoario.

Palabras veciñas

oranxino -na | oranxismo | oranxista | oraon | orar | orario | oratoria