Ordos
Ordos
Altiplano de China, delimitado ao N pola curva do Huang He superior e atravesado en dirección L-O pola Gran Muralla chinesa, case enterrada pola area. A parte setentrional, semidesértica, pertence á Mongolia Interior, é a terra dos ordos, pastores nómades de raza mongólica que deron nome á totalidade do país e cuxa cultura se remonta ao s VIII a C. As súas manifestacións artísticas supoñen unha ponte entre o grafismo chinés e a cultura de Tagar.