orfismo

orfismo

(< antropónimo Orfeo)

  1. s m [RELIX]

    Movemento relixioso de iniciación que xurdiu en Grecia na época arcaica e que floreceu, particularmente, durante os ss VI e V a C. Afirmaba a orixe e a natureza divinas da alma humana e que esta se atopaba presa no corpo (σῶμα σῆμα). Tamén sostivo que a vida era unha condición impura, da que a alma, a través de sucesivas reencarnacións tiña que liberarse para volver á súa condición divina. Este concepto reflíctese no mito de Dióniso Zagreo, neno divino, fillo de Zeus e de Perséfone, esnaquizado e devorado polos Titáns ou polas Ménades, de cuxas cinzas, fulminadas por Zeus, naceu a humanidade, que leva en si o elemento divino e tamén o pecaminoso elemento titánico.

  2. s m [ARTE]

    oz que inventou o poeta G. Apollinaire durante unha conferencia que pronunciou en Berlín en 1912 co gallo da exposición que fixo R. Delaunay na galería Der Sturm. O vocábulo expresa o que suxire a pintura construída sen referencia ningunha á figuración, só como unha exaltación da luz e do dinamismo das cores. Por extensión, aplicouse tamén ás obras de F. Kupka, F. Picabia, F. Léger e M. Duchamp que conducen cara á arte abstracta.

Palabras veciñas

orfeonista | Orff, Carl | órfico -ca | orfismo | orfo -fa | Orga | ORGA