orfo -fa
orfo -fa
(< lat orphănu < gr ὀρφανός)
-
adx e s
Que ou quen sendo menor de idade perdeu o pai e a nai ou a algún dos dous.
Ex: Fíxose amigo dun rapaz orfo. Os reis magos visitaron os orfos da cidade.
-
adx
Que carece de amparo ou dalgunha cousa necesaria.
Ex: Tiña só cinco anos cando se veu orfo do cariño materno.
Refráns
- Ó que non ten pai nin nai, Deus lle vale.
- Pai non tiveches, nai non temeches e mal fillo te fixeches.