orfo -fa

orfo -fa

(< lat orphănu < gr ὀρφανός)

  1. adx e s

    Que ou quen sendo menor de idade perdeu o pai e a nai ou a algún dos dous.

    Ex: Fíxose amigo dun rapaz orfo. Os reis magos visitaron os orfos da cidade.

  2. adx

    Que carece de amparo ou dalgunha cousa necesaria.

    Ex: Tiña só cinco anos cando se veu orfo do cariño materno.

Refráns

  • Ó que non ten pai nin nai, Deus lle vale.
  • Pai non tiveches, nai non temeches e mal fillo te fixeches.

Palabras veciñas

Orff, Carl | órfico -ca | orfismo | orfo -fa | Orga | ORGA | organdí