Orff, Carl

Orff, Carl

Compositor alemán. Estudou na academia de música de Múnic, onde se interesou pola música barroca e pola súa influencia no movemento artístico. Posteriormente (1924), formouse con Kaminski. Fundador da Günter Schule, xunto a Dorothee Günther, desenvolveu novos métodos de ensino musical, e creou o método de ensino da música Orff Schulwerk (1930), cunha forte implantación no ensino primario. Influído por Stravinsky, as súas composicións principais están destinadas á escena, e caracterízanse polo uso de ritmos repetitivos, poderosas partes vocais e harmonías sen artificios, afastadas de construcións complexas de tipo harmónico ou contrapuntístico. Da súa obra destacan seis óperas, varias composicións sinfónicas, pezas para televisión, como Christi Resurrectione (1957) e as cantatas escénicas Carmina Burana (1937), Catulli Carmina (1943) e Trionfo di Afrodite (1953).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Múnic

  • Deceso