organicismo
(< orgánico)
-
s
m
[FILOS]
Doutrina filosófica oposta ao vitalismo e ao animismo, segundo a que a vida é o resultado da organización. Por unha banda, a vida resulta mecanicamente da organización dos órganos e, por outra, cada órgano dispón, ademais das propiedades vitais que lle son propias, da capacidade de organizarse.
-
s
m
[MED]
Teoría médica que sostén que todas as enfermidades teñen como causa unha lesión orgánica.
-
s
m
[SOCIOL]
Teoría sociolóxica que establece unha clara analoxía entre o funcionamento e as leis que rexen a sociedade e as dos seres vivos. Defendérona Herbert Spencer, que non admitía o evolucionismo na sociedade, René Worms, Paul von Lilienfeld ou Albert Schäffle. A influencia deste enfoque diminuíu a finais do s XIX, pero atópanse afinidades en teóricos actuais.
-
s
m
[MED]
Teoría psiquiátrica que defende a existencia de lesións morfolóxicas do sistema nervioso central como base das enfermidades mentais.