organigrama

organigrama

(< gr ὅργανον + -grama)

s m [ECON]

Representación gráfica e esquemática da organización dunha empresa ou institución. O seu obxectivo é identificar as relacións entre os diferentes elementos e a función específica de cada un deles. Para que sexa un elemento efectivo de racionalización na organización da empresa, o tipo de relación entre elementos establécese segundo a orde xerárquica e de subordinación e debe reflectir tamén a súa dependencia técnica por evidenciar as coordinacións necesarias e evitar as dobres competencias.