oricalco

oricalco

(< lat orichalcu < gr ὀρείχαλκος‘cobre de montaña’)

s m [NUMIS]

Aliaxe de metais a base de cobre e de cinc usada nas cuñaxes imperiais romanas desde Augusto ata o ano 268. Considerábase de máis valor ca o bronce, co que se cuñaban os ases e outros divisores.