Orient Express
Orient Express
Tren de luxo creado a finais do s XIX que unía as principais capitais europeas. O primeiro servizo saíu de París en 1883 con destino a Istambul, pero os seus itinerarios variaron en función das modificacións no trazado das fronteiras, da construción de novos túneles e da expansión da rede ferroviaria. Despois da Segunda Guerra Mundial, o auxe do transporte aéreo puxo fin á súa expansión e en 1977 foi clausurado. O servizo reabriuse como un atractivo turístico en 1982 entre Londres e Venecia, vía París.