orientación

orientación

(< orientar)

  1. s f

    Acción e efecto de orientar ou orientarse.

  2. s f
    1. [XEOG]

      Determinación da posición dunha persoa ou cousa con relación aos puntos cardinais. Para atopala cómpre observar a posición do Sol durante o día ou a estrela polar durante a noite no hemisferio norte, ou a constelación da Cruz do Sur no hemisferio austral, aínda que normalmente se utiliza o compás.

    2. Capacidade de determinar a posición do lugar onde se atopa unha persoa ou cousa.

      Ex: Ten moi mala orientación e sempre se perde.

    1. s f

      Consello, axuda ou suxestión que dá alguén sobre algo.

      Ex: Necesito da túa orientación para saber que carreira elixir.

    2. orientación escolar [EDUC]

      Proceso mediante o que se suxire e aconsella sobre as posibles solucións aos problemas polos que atravesa un alumno ou centro escolar.

    3. orientación profesional [SOCIOL]

      Proceso polo que unha persoa ou institución aconsella a outra sobre a elección da súa profesión. Esta orientación adoita ser facilitada por psicólogos que avalían os intereses, as motivacións e a capacidade do seu cliente por medio de conversas e da aplicación de tests de intelixencia e personalidade, entre outros.

  3. s f

    Dirección ou tendencia que presenta unha cousa ou unha persoa na súa conduta para alcanzar uns fins determinados.

  4. s f

    Indicación ou determinación do camiño a seguir.

  5. s f [RELIX]

    Actitude relixiosa que consiste en orar en dirección á saída do Sol ou ben de cara a algún santuario importante. As sinagogas xudías están orientadas en dirección a Xerusalén, as mesquitas musulmás en dirección á Meca e a maioría das igrexas cristiás están orientadas de forma que o seu eixe lonxitudinal vai de poñente a levante e a súa ábsida mira en dirección a oriente, simbolizando así a orientación cara a Xesús Cristo resucitado.