Orio

Orio

Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi, que está situado na ría homónima, ao SL de Donostia (4.421 h [2001]). A pesca e a industria conserveira e da madeira constitúen os recursos económicos principais do municipio. É lugar de paso dos peregrinos que desde Donostia se dirixen a Santiago de Compostela. Do seu patrimonio cultural destacan as covas con pinturas rupestres, próximas a Altxerri.