Oriola
Oriola
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (54.390 h [2001]). Posúe agricultura e industrias de alimentación, de madeira, de calzado e do moble. O sector dos servizos está máis desenvolvido grazas, en parte, ao investimento turístico. Foi reconquistada por Afonso X e en 1296 intregrouse no Reino de València. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, declarada Ben de Interese Cultural en 1931.