Orión
Orión
[MIT]
Xigante mitolóxico. Fillo de Posidón, foi dotado dunha beleza extraordinaria e Eos namorouse del. Ansiou casar con Mérope, pero o pai dela, o Rei Enopión, non o quixo por xenro. Embebedouno e baleiroulle os ollos, abandonándoo na beira do mar. Ártemis fíxoo matar servíndose dun escorpión, polo que, despois de converterse os dous en constelación, Orión foxe sempre de Escorpión.