Orión

Orión
[ASTRON]

Constelación austral que se sitúa entre as constelacións Xémini, Unicornio, Lebre e Tauro. Contén 209 estrelas visibles a simple vista, dúas delas son de primeira magnitude, cinco de segunda e catro de terceira. Os seus astros principais, Betelgeuse, Rigel e Bellatrix, xunto con χ-Ori, determinan un rectángulo case regular que está dividido en dous por unha liña case paralela aos lados máis curtos e que está determinada por tres estrelas, que se coñecen co nome de Cinto de Orión. Contén a Gran Nebulosa de Orión, unha parte da que se observa coma unha nube escura chamada Cabeza de Cabalo.

Palabras veciñas

oriólido -da | Oriolus | Orion | Orión | Orión | Orión, Cinto de | Oriónidos