oriólido -da

oriólido -da

(< lat científico Oriolus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos oriólidos.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos oriólidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ORNIT]

    Familia de aves, da orde dos paseriformes, de 20 a 30 cm, que teñen o peteiro forte, de forma cónica, cun pequeno gancho no extremo, son de cores vivas, presentan dimorfismo sexual e teñen 10 rémixes primarias e 12 rectrices. Habitan en Asia, África, Oceanía e Europa.

Palabras veciñas

orinque | Orio | Oriola | oriólido -da | Oriolus | Orion | Orión