orixe
orixe
(< lat orīgĭne)
-
s
f
-
Punto ou momento en que comeza unha cousa.
Ex: Non sei moi ben cal foi a orixe da humanidade.
-
Primeira parte do desenvolvemento dunha cousa, acción ou suceso.
Ex: Na súa orixe a literatura era soamente de carácter oral.
-
-
s
f
Circunstancia que determina a aparición de algo.
Ex: O teu enfado foi a orixe da pelexa.
-
s
f
-
Lugar ou medio de procedencia dunha cousa ou persoa.
Ex: Ese rapaz é de orixe portuguesa.
-
Procedencia social de alguén.
Ex: É de orixe humilde.
-
-
s
f
[MAT]
-
Cero nunha escala calquera.
-
Punto onde se cortan os eixes e os planos dun sistema de coordenadas.
-
Primeiro dos dous puntos que determinan un vector.
-
Refráns
- De rabo de porco nunca bo virote.
- De roÍn madeira nunca boa racha.
- Do bo viño, bo vinagre.
- Dun ovo sae unha galiña.