Oríxenes
Esexeta, pensador e escritor cristián. Considerado por moitos como o de maior significación da época prenicena ou da patrística en xeral, foi discípulo e sucesor de Clemente de Alexandría na dirección da escola cristiá de Alexandría e fundou unha nova didascalia en Cesarea de Palestina. De ideoloxía basicamente neoplatónica, aproveitou para a teoloxía cristiá moitos elementos do pensamento helénico e a súa ascese valeulle o nome de Adamancio (Ảδαμάντιος, ‘home de aceiro’). O Concilio II de Constantinopla promulgou 15 anatemas contra el, o que motivou a destrución de moitos dos seus escritos, pero a crítica moderna rehabilitouno. Foi vítima da persecución de Decio e da súa produción literaria destacan os tratados esexéticos e outras obras como Contra Celso, Sobre os principios, Sobre a resurrección, Os tapices, Sobre a oración, Exhortación no martirio e Disputa con Heráclides.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Alexandría