Orléans

Orléans

Capital do departamento de Loiret, Francia, ao SSO de París (113.126 h [1999]). Situada nas beiras do Loire, é un centro comercial e industrial, favorecido pola súa situación na antiga ruta París-España, Tours e Bordeos, e pola descentralización das áreas industriais da aglomeración parisiense. Antiga Cenabum, vila comercial dos carnutos, rebelouse contra César en 52 a C. Clodoveo, despois de conquistala (498), reuniu alí o primeiro dos concilios da Igrexa de Galia. Foi capital do Reino de Orléans, creado en 511 polo Rei Clodoveo I e polo seu fillo Clodomiro, e durou ata 613; os normandos devastárona e no s X pasou aos Capetos. Sostivo o condado de Armaguac e resistiu os ataques dos ingleses ata que foi liberada (1429) por Xoana de Arco. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de Saint- Pierre-le-Pueiller, románica, Saint-Euverte (ss XIII, XV e XVII), Saint-Aignan (s XV), con cripta do s XI; Notre-Dame-de-Recouvrance, iniciada en 1513 en estilo renacentista; e a catedral gótica da Sainte-Croix (s XIII) con cripta románica.