Orozco, Olga

Orozco, Olga

Escritora arxentina. De nome Olga Noemí Gugliota, formou parte da xeración surrealista Terceira Vangarda. Na súa obra amosa a súa obsesión pola morte, a melancolía coa que rememora a súa infancia e a ilusión pola maxia e o conxectural. Escribiu os libros de poesía Desde lejos (1946), Las muertes (1952), Los juegos peligrosos (1962), Cantos a Berenice (1977), Con esta boca, en este mundo (1994) e Eclipses y fulgores (1998); e o relato infantil La oscuridad es otro sol (1967). Recibiu o Premio Nacional de Poesía de Arxentina (1988) e o Premio Juan Rulfo de Literatura Latinoamericana y del Caribe (1998).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Toay

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires