Orro, Divino Salvador de
Orro, Divino Salvador de
Igrexa parroquial situada en Culleredo. No seu interior alberga a capela maior románica do s XII, con ábsida rectangular e arco triunfal de medio punto, así como un retablo do escultor Xosé Ferreiro que representa a Transfiguración (1774). En 1793 efectuáronse reformas na nave e na fachada. En 1850 colocouse no exterior un cruceiro.