Ortega Gaona, Amancio

Ortega Gaona, Amancio

Empresario. En 1963 fundou Confecciones GOA dedicada á confección de batas con ombreiras fabricadas con menos custos, distribuídas e vendidas directamente a prezos menores ca a competencia, e en 1975 inaugurou a primeira tenda Zara na Coruña. Expandiu os seus negocios da rama téxtil por todo o mundo. O alto volume de negocios das súas empresas levouno á creación de Inditex (1985), grupo que preside e que en 2001 comezou a súa cotización no mercado bolsista. A través doutras sociedades participa tamén en empresas doutros sectores, como o eléctrico e a construción. En 2001 creou a Fundación Amancio Ortega, que ten como finalidade o desenvolvemento e modernización dos procesos de ensino e a incorporación de tecnoloxías avanzadas nos centros escolares.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Busdongo de Arbas, León