Ortega y Gasset, José
Ensaísta e filósofo. Estudou filosofía en Madrid e ampliou estudos en Alemaña. Foi catedrático de Metafísica na Universidad de Madrid (1910-1936). En 1931 foi elixido deputado pero exiliouse ao inicio da Guerra Civil española e residiu en Francia, Países Baixos, Arxentina e Portugal. Retornou a Madrid en 1945 e creou con Julián Marías o Instituto de Humanidades (1948). Fundou a revista España (1915) e a Revista de Occidente (1923). As súas teorías pretendían superar tanto o idealismo como o realismo mediante o establecemento da vida como realidade fundamental, o eu como eu e a súa circunstancia e a primacía da razón vital (raciovitalismo). Ofreceu a súa interpretación do fenómeno artístico-literario en Las meditaciones del Quijote (1914) e en La deshumanización del arte, mentres que nos oito volumes de El Espectador (1916-1928) fixo patente a súa grande actividade de publicista. A súa época de pensamento perspectivista quedou reflectida en El tema de nuestro tiempo (1923), seguida do artigo “Ni vitalismo ni racionalismo” (1924), inicio da época raciovitalista, plasmada en obras como Kant. Reflexiones de un centenario (1929), En torno a Galileo (1933), Historia como sistema (1936), Ideas y creencias (1940) e Qué es filosofía? (1946). Tratou o problema político-social do país en España invertebrada (1922) e La rebelión de las masas (1930).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso