orticón

orticón
s m [TECNOL/COMUN]

Tubo analizador de imaxe que se basea no iconoscopio, o feixe electrónico do que ten unha velocidade pequena coa fin de evitar a emisión secundaria. Foi ideado por H. Iams e A. Rose en 1939 e consta dun canón de electróns, dunha bobina de concentración, de dúas placas paralelas para a desviación horizontal do feixe electrónico, de dúas bobinas en oposición para a desviación vertical, e dunha placa colectora dos electróns non capturados polo mosaico. O orticón, máis eficaz que o iconoscopio, foi superado polo orticón de imaxe ou superorticón. Foi substituído polos analizadores de semicondutores, máis sensibles e económicos.

Sinónimos