Ortigueira, pazo de
Ortigueira, pazo de
Construción situada en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra). O edificio orixinal tiña planta rectangular e sufriu varias reformas desde o s XV. Engadíuselle unha capela, co que quedou conformada unha estrutura en L. Destaca a fonte pétrea do xardín. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1981.