ortodoxo -xa

ortodoxo -xa

(< lat orthodoxu < gr ὀρθόδοξος)

  1. adx e s

    Que ou quen segue unha doutrina considerada como verdadeira por unha relixión.

  2. adx e s

    Que ou quen mostra conformidade coas doutrinas ou prácticas xeralmente aceptadas.

  3. [RELIX]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á Igrexa Ortodoxa.

    2. s

      Membro da Igrexa Ortodoxa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

ortodontoloxía | Ortodoxa, Igrexa | ortodoxia | ortodoxo -xa | ortodromía | ortodrómico -ca | ortoedro