Ōsaka

Ōsaka

Capital do fu homónimo, na illa de Honshū, Xapón (2.595.674 h [1997]). Situada na baía de Ōsaka, no delta do Yodo, é o centro dunha importante rexión agrícola e industrial. Forma o segundo gran complexo industrial do país e o primeiro centro téxtil e de confección. Destacan o templo de Tennoji (630), resto da súa antiga capitalidade, o altar de Taishi-do e a Campá da Dirección. Despois do gran templo, o monumento máis antigo é o templo de Nara, con algunhas pinturas (ss IX-X) e o altar de Tenjin ou Temmangu (s X). No s XIX destacou a produción de cerámica de Kikko.