Osborne, John James
Osborne, John James
Dramaturgo. No intento de atopar novas formas escénicas, tratou temas moi ambiciosos, como a crítica da orde establecida ou o drama histórico de investigación psicolóxica. Coa estrea da obra Look back in Anger (1956), que presentaba unha nova clase social en escena, conseguiu que o seu grupo teatral Angry young man fose recoñecido en Reino Unido. Das súas obras destacan The Entertainer (1957), Luther (1961), Patriot for Me (1965), Inadmissible Evidence (1965), West of Suez (1971) e Watch It Come Down (1975).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso
Lugar : Shropshire