oscilación
(< lat oscillatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de oscilar.
-
s
f
Cada un dos movementos de ida e volta dun corpo que oscila.
-
s
f
[FÍS]
ariación periódica dunha magnitude dun sistema físico que se inicia provocando, mediante un axente exterior, unha desviación dunha certa amplitude desta magnitude respecto ao seu valor estable ou de equilibrio. No caso ideal de que o sistema físico estea illado do seu contorno, unha oscilación, unha vez iniciada, perdura indefinidamente coa amplitude inicial. Nun sistema non illado, a oscilación é amortecida e a amplitude decrece exponencialmente co tempo. Cando o axente exterior que provoca a oscilación varía co tempo, ten lugar unha oscilación forzada, neste caso, se o período da oscilación da magnitude e o do axente exterior é o mesmo, prodúcese unha resonancia.
-
oscilación da liña de costa
[XEOL]
ariación da liña de costa no decurso do tempo. Neste proceso interveñen factores diversos, como a tectónica, a erosión, a acumulación de sedimentos ou as oscilacións do nivel mariño.