oscilador -ra

oscilador -ra

(< oscilar)

  1. adx

    Que oscila.

    1. s m [FÍS]

      Circuíto, dispositivo ou aparato que se destina a producir oscilacións eléctricas. En xeral producen unha tensión sinusoidal, pero tamén poden ser xeradores de impulsos, de sinais rectangulares ou en dente de serra (denominados a miúdo nestes casos osciladores de relaxación). Hai numerosos tipos de osciladores, coñecidos con nomes diversos: de cristal de batemento, de retroacción, LC, RC, de desprazamento de fase, entre outros; son típicos os circuítos de Hartley, de Colpitts, de Armstrong, o pont de Wien ou o dinatrón. As características principais dun oscilador son a amplitude, a frecuencia, a potencia, a estabilidade e a forma da onda das oscilacións.

    2. oscilador local [TECNOL]

      Oscilador incorporado aos aparatos receptores superheterodinos, destinado a producir o cambio de frecuencia do sinal recibido.

Palabras veciñas

Oschavus | Oschin de Armenia | oscilación | oscilador -ra | oscilante | oscilar | oscilatorio -ria