oscilometría
oscilometría
(< oscilar + -metría)
-
s
f
[MED]
Determinación das oscilacións das paredes arteriais que están ocasionadas polo fluxo sanguíneo e a presión arterial que se miden por medio do oscilómetro.
-
s
f
[QUÍM]
Tipo de análise condutométrica en que se traballa con correntes alternas de alta frecuencia (1-300 MHz). Baséase no fenómeno da polarización molecular que resulta da aplicación de correntes de alta frecuencia e que provoca unha corrente de polarización de intensidade comparable á de condución. Utilizouse en volumetrías de neutralización, de precipitación e de formación de complexos, en medios acuosos e non acuosos.