osculador -triz
osculador -triz
(
adx
[MAT]
Aplícase á curva ou á superficie que, nun punto determinado, ten o maior contacto posible con outra curva ou superficie. Matematicamente, o plano osculador dunha curva torta está definido como o plano que adopta a posición límite dos planos determinados por tres puntos veciños da curva cando dous deles tenden ao outro. Se r = r (t) é a ecuación paramétrica da curva, a ecuación do plano osculador no punto [( r - r (t0) × r ’(t0)] × r ’’(t0) é igual a 0, onde as primas indican derivadas temporais. Nas curvas planas o plano osculador redúcese ao plano da curva.