Osma Scull, Guillermo Joaquín de

Osma Scull, Guillermo Joaquín de

Avogado, político e historiador da arte, duque de Osma. Formado na Sorbonne e en Oxford, foi diplomático (1877-1891), deputado en Cortes polo distrito de Monforte de Lemos co Partido Conservador (1891-1919) e senador vitalicio (1919). Foi ministro de Facenda (1903-1904 e 1907-1908) con Antonio Maura e presidente do Consello de Estado. En 1916 fundou en Madrid o Instituto de Valencia de Don Juan que contén cerámica hispano-arábiga, armas, numismática e unha importante biblioteca especializada.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso

    Lugar : Biarritz