osmose

osmose

(< 1 osm- +-ose)

  1. s f [QUÍM/FÍS]

    Tendencia a pasar disolvente da solución menos concentrada á máis concentrada, nun sistema formado por dúas disolucións de concentracións diferentes pero co mesmo disolvente, separadas por unha membrana semipermeable.

  2. osmose inversa [QUÍM/FÍS]

    Osmose en que o movemento das moléculas de disolvente cambia de sentido, pasando da disolución máis concentrada á menos concentrada, pola acción dunha presión que supera a presión osmótica do sistema.