osmótico -ca
(< osmose)
-
adx
Relativo ou pertencente á osmose.
-
choque osmótico
[QUÍM/FÍS/BIOL]
Cambio repentino na presión osmótica que afecta a un sistema ou organismo vivo. Ten lugar ao cambiar un organismo a un medio de diferente concentración (organismos de augas doces a augas salgadas ou viceversa) ou ben ao engadir disolvente ou soluto no medio (cultivos celulares onde se pode facer estalar as membranas celulares ou encoller as células).
-
coeficiente osmótico
[QUÍM/FÍS]
Coeficiente, introducido por Bjerrum, que inclúe todos os factores que expresan a desviación do comportamento dunha solución respecto do comportamento ideal.
-
presión osmótica
[QUÍM/FÍS]
Diferenza de presión entre os dous lados dunha membrana semipermeable que separa dúas disolucións de concentracións diferentes cando o sistema está en equilibrio. A expresión formal da presión osmótica denomínase fórmula de Van’t Hoff.