Osroene
Osroene
Territorio do NO de Mesopotamia comprendido entre a cordilleira Tauro e o río Éufrates. Foi provincia do Imperio Seléucida e no s II a C foi un reino autónomo. Conquistouna Traxano en 116 e mantivo unha certa autonomía, pero Diocleciano uniuna á diocese de Oriente. A súa capital, Edessa, foi o centro de irradiación da cultura siria.