Ossetia
Ossetia
Rexión xeográfica de Caucasia, dividida politicamente entre os estados de Xeorxia, onde forma a rexión autónoma de Ossetia Meridional, e Rusia, onde constitúe a república federal de Ossetia Setentrional. É unha rexión especialmente montañosa, con abundantes bosques foliáceos e prados alpinos e subalpinos. Está regada por unha importante rede de ríos que pertencen á conca do Terek e á do Kura. Destacan os cultivos de cereais, a horticultura e viticultura, e a gandaría. Conta ademais con industrias metalúrxicas non ferrosas, da madeira e alimentarias.