osteíctio -tia
(< oste- + gr ιχθύς‘peixe’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos osteíctios.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Vertebrado da clase dos osteíctios.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Clase de cordados vertebrados que inclúe os peixes que posúen tecido óseo, en proporción variable, no seu esqueleto interno. Son mandibulados coa boca en posición normalmente terminal. O corpo está tipicamente recuberto de escamas óseas de natureza dérmica, pese a que hai tamén formas espidas que as perderon secundariamente. Tamén é característico deste grupo a adquisición dun pulmón, que pode funcionar como tal, desaparecer, ou ben, máis a miúdo, cumprir as funcións de vexiga natatoria. Desde o punto de vista ecolóxico, o éxito evolutivo conseguido polos peixes óseos no dominio de toda clase de medios acuáticos é enorme, tanto na súa diversificación (o 98% das especies de peixes actuais pertencen a este grupo) coma o número de individuos.