ostíaco -ca
ostíaco -ca
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo ostíaco ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo ostíaco.
-
s
m pl
[ETN]
Individuo dun pobo que habitaba en Siberia na rexión comprendida entre ambas as dúas beiras do Obi, no okrug de Khantis e Mansis. A súa cultura é bastante primitiva e viven da gandaría de renos, da caza e da pesca.
-
s
m
[LING]
Lingua finoúgria do phylum uraliano, que, xunto co vogul, forma o grupo das linguas ugrias do Ob, que se fala en Siberia Occidental. O ostíaco e o vogul caracterízanse polo uso do número dual, pola posibilidade de integrar o complemento directo pronominal no verbo (conxugación determinada ou obxectiva) e polo feito de que o predicado nominal rexeite o verbo copulativo nas terceiras persoas do presente de indicativo.