ostracismo

ostracismo

(

  1. s m [HIST]

    Xuízo e veredicto do pobo na antiga Atenas e nas cidades que imitaban a súa constitución, que consistía en apartar ou afastar do poder político durante un período de dez anos os cidadáns con ambición desmesurada ou que posuían unha acumulación de poder e de riquezas excesiva. Na asemblea popular, os participantes escribían sobre fragmentos de arxila ou óstraka o nome da persoa que tiña que sufrilo e depositábanos á hora da votación.

  2. s m

    Afastamento forzado ou voluntario de alguén das súas funcións públicas, ocasionado principalmente por un trastorno político.

  3. s m

    Situación de illamento social en que se some unha persoa de xeito voluntario.

Palabras veciñas

ostpolitik* | ostra | ostráceo -a | ostracismo | ostracite | ostracodermo -ma | ostrácodo -da