ostracodermo -ma
ostracodermo -ma
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos ostracodermos.
-
s
m
[PALEONT]
Vertebrado agnato da clase dos ostracodermos.
-
s
m pl
[PALEONT]
Clase de vertebrados agnatos, fundamentalmente de auga doce, que posuían un corpo recuberto dun esqueleto dérmico formado por grandes placas unidas entre si e a cabeza recuberta dun escudo óseo. Presentaban aletas moi pouco desenvolvidas e vivían na auga, onde respiraban por medio de branquias. Alimentábanse do lodo dos fondos dos leitos en que habitaban. Foron abundantes durante o Ordovícico ata a súa desaparición no Devónico.