Osuna

Osuna

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, ao N da cordilleira Penibética (16.848 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e nas pequenas industrias alimentarias e de marroquinaría. Poboado ibérico, derrocado polos cartaxineses e reconstruído polos romanos, correspóndese coa antiga Urso, unha das máis famosas poboacións da Bética romana.