Ōta

Ōta

Cidade do ken de Gumma, na illa de Honshū, Xapón, situada á beira do Tone (143.411 h [estim 1993]). En 1918 instalouse a primeira fábrica civil xaponesa de aeronáutica. Produce automóbiles, avións, maquinaria eléctrica, produtos de caucho e plástico e xénero de punto.