Otero Pedrayo, Fundación

Otero Pedrayo, Fundación

Fundación cultural creada en 1979 e que se estableceu no Pazo Museo Otero Pedrayo, en Trasalba (Ourense). Declarada pola Xunta de Galicia Fundación de Interese Galego, ten como obxectivo manter vivo o recordo literario e científico de Ramón Otero Pedrayo. Promoveu a creación da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo e conta cun Centro de Estudios Oterianos para o estudo da obra do autor. Ao longo da súa existencia realizou diversas publicacións, e outorga os Premios Trasalba a personaxes galegos relevantes, coincidindo a presentación e a entrega dos premios coa conmemoración do pasamento do autor ourensán.